Recursos
Nesta sección fornécense distintos tipos de información de utilidade; por unha banda, primeiro enlázanse a web do anuncio oficial do Ministerio e o modelo de alegación compartido por Bembrive en pé e a web onde presentalas, por outra banda, ofrécense os materiais elaborados por nós. Dentro dos materiais propios, de principio dixitalizouse e xeorreferenciouse o mapa aportado na información pública (2.2-Conjunto) e as superficies indicadas no mesmo. Logo identificáronse as parcelas afectadas: en xeral, servidumes, pontos de interese (entrada e saída dos túneis). Tamén se identificaron as construccións/vivendas afectadas. Logo poderase encontrar a información ben sexa gráficamente nos planos (parcelas afectadas indicadas cunha etiqueta), como nas listaxes en forma de tabelas (pdfs ou follas de cálculo) coas referencias e dados asociados das parcelas afectadas. Finalmente adxúntanse información xeográfica en formatos para seren tratados en programas específicos de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) para a súa manipulación e análises complemenentarios polas persoas usuarias e datos en crú para o seu tratamento informático directo (por exemplo xeración de páxinas web ou aplicacións de consultas a través de API).
DOCUMENTO GLOBAL con planos, tabelas e territorios [PDF, 330 MB]
Planos Xerais
- [pdf] P0_plano_Xeral_A52_A0.pdf
Neste plano podese ver a dixitalización que fixemos do proxecto, pra iso xeorreferenciamos un mapa aportado na información pública (2.2-Conjunto), e logo dixitalizamos as superficies indicado no mesmo; que foi o que nós empregamos como base pra traballar.
- [pdf] P01_perspectiva_xeral_parcelas_afectadas_A0.pdf
Este plano pretende aportar unha visión xeral do impacto do proxecto en conxunto, e nele amóstranse as parcelas catastrais imbuídas na envolvente da A-52. Así como aquelas limitacións derivadas das zonas de servidume e protección estabelecidas pola Lei de Estradas do Estado.
- [pdf] P02_Plano_Xeral_Atlas_Parcelario_A3.pdf
Este plano xa presenta unha perspectiva do que será o "atlas parcelario de afectacións", pois nele pode observase a distribución da grella sobre o territorio afectado, sendo cada cadriño da grella unha folha do antedito atlas. En cada unha das folhas ha unha representación xeral do territorio representado con nomes de lugares, bairros e outros elementos de interese.
Folhas Parcelas Afectadas
Planos (formato A3) por folha nos que, sobre ortofoto de máxima actualidade, se apresenta unha visual das parcelas catastrais afectadas, así coma a representación das diferentes zonas de afectación, segundo a Lei de Estradas do Estado:
- Folha 01Folha 02Folha 03Folha 04Folha 05Folha 06Folha 07Folha 08Folha 09Folha 10Folha 11Folha 12Folha 13Folha 14Folha 15Folha 16Folha 17Folha 18Folha 19Folha 20Folha 21Folha 22Folha 23Folha 24Folha 25Folha 26Folha 27Folha 28Folha 29
Folhas Territorios
Planos (formato A3) sobre o Mapa Topográfico Nacional, co fin de puder inferir o territorio apresentado na xanela:
Atlas
NOTA: Nestas folhas, que compoñen o atlas parcelario, apreséntanse as parcelas de xeito visualmente máis accesíbel. Porén, algunhas das etiquetas que identifican as parcelas catastrais aparecen duplicadas, por mor de ficar estas imbuídas en varias follas do atlas; polo que pra ollar o número de parcelas totais aconsella botar mán da listaxe "Parcelario xeral" anexada xunta os planos xerais de afectación.
DOCUMENTO GLOBAL con planos, tabelas e territorios para todas as follas [PDF, 330 MB]
Parcelas Afectadas
Listaxes pdf:
-
-
-
Tabelas co rexistro de tódalas parcelas catastrais representadas, coa etiqueta que aparece referenciada no plano, o concello ao que pertencen e mais a parroquia, así coma a súa superficie en metros cadrados por folla do atlas (ver na sección anterior dos planos o plano xeral do atlas coas correspondentes folhas: P02_Plano_Xeral_Atlas_Parcelario_A3.pdf):
DOCUMENTO GLOBAL con planos, tabelas e territorios para todas as follas [PDF, 330 MB]
- [PDF] 2.02_Conxunto-Plano_xeorrenferenciado_ETRS8929N.pdf Tabela de coordenadas da xeorreferenciación en formato PDF.
- [TXT] Pontos_xeorreferenciacion.txt Tabela de coordenadas da xeorreferenciación en texto plano.
- [ODT] Puntos 2.02_Conxunto-Plano_xeorrenferenciado_ETRS8929N.odt Tabela de coordenadas da xeorreferenciación en formato editable.