Contexto

O pasado mércores día 18 de decembro do 2024 publícase no BOE o acordo polo que se somete a información pública o anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia polo que se publica a Resolución do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentábel que aproba provisionalmente o documento técnico para a Información Pública e o estudo do Impacto Ambiental do Proxecto: "Autovía A-52. Tramo: O Porriño-Vigo Provincia de Pontevedra" Clave: 12-PO-4240, iniciando, deste xeito, unha nova etapa dun proxecto que leva dende o ano 2002 saindo a luz segundo ditaminan os intereses políticos da época.

Esta páxina pretende facilitar o acceso á información pública sobre as afectacións do proxecto viario da “autovía A-52, treito: O Porriño-Vigo" nos concellos galegos de O Porriño, Mos e Vigo. Preséntanse as listaxes orixinais de datos das afectacións nun formato web e asociadas á súa representación xeográfica catastral, posibilitando a visualización das parcelas afectadas dun xeito máis gráfico e comprensible; sandando eisí unha eiva detectada na documentación oficial, pois non ha nela unha listaxe ou documento que recolla de xeito claro as parcelas catastrais afectadas pola infraestrutura, nen aporta a información territorial nun formato manexable e accesíbel, limitándose a anexar planos en formato PDF, o que impide estudar a ocupación territorial de xeito claro e polo miúdo. Polo que, asemade, agréganse diversos recursos procesados para facilitar o tratamento e a análise dos datos das parcelas.

Oposición ao proxecto (#salvemosBembrive #NONa52)

logo movemento vecinhal Bembrive

Invitámoste a coñecer de primeira man a loita de oposición ao proxecto que ven realizando o Movemento Veciñal Bembrive En Pé, dende as súas redes sociais: Instagram, Facebook e canle de Youtube.

Acerca desta páxina web

Este visor web xurde como unha ferramenta de apoio inicial para a divulgación da información xeoespacial asociada a este proxecto e que se poida catalizar unha análise o máis obxectiva e crítica posible das características do mesmo. Tamén se busca voltar a información accesíbel e precisa para os procesos de participación pública tanto por individuais coma colectivos na oposición a este proxecto de infraestructuras.

Foi elaborado polo Grupo de Asesoramento para a Defensa do Territorio de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia en colaboración co Movemento Veciñal Bembrive En Pé.

O Grupo de Asesoramento para a Defensa do Territorio xurde como unha iniciativa de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia da man dun grupo de profesionais de diversos ámbitos e activistas de diversas organizacións de Galicia. O seu obxectivo é fornecer apoio de carácter técnico que poida ser preciso por parte dos movementos sociais do país.

Se te consideras unha persoa cun perfíl ou habilidades que poidan ser de axuda nalgún ámbito concreto e desexas participar e/ou formar parte deste grupo, animámoste a contactar a través dos medios proporcionados nas ligazóns desta mesma páxina.

Colaborar con nós

Fainos as túas propostas de mellora, suxerencias e comentarios sobre a páxina e o visor xeográfico aquí no xestor de incidencias do repositorio da web ou a través do enderezo electrónico: info[arroba]galicia.isf.es

Para outro tipo de colaboración e contacto podes chegar a nós mediante:

Licenciamento e condicións de difusión dos contidos da web

© 2025. Os contidos propios desta web están licenciados baixo CC BY-NC 4.0 Imaxe Licenza CC-BY-NC

Parte dos contidos foron procesados misturando (e correxindo mínimamente ser for o caso) información das fontes oficiais citadas no apartado de Atribucións e Agradecementos (máis embaixo). Este procesamento levouse a cabo para a adecuación aos formatos de arquivos fornecidos na sección Recursos e a súa representación xeográfica no Mapa sen en ningún caso desnaturalizar a información de partida. Os contidos e informacións orixinais sen modificación que se presenten nesta páxina deben respetar as condicións de uso e difusión dos propietarios orixinais.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos dos titulares dos dereitos de propiedade intelectual, tales como marcas, nomes das entidades, logos ou signos distintivos. Os logos e imaxes pertencentes tanto ao Movemento Veciñal Bembrive En Pé como a Enxeñería Sen Fronteiras non se incluen nas condicións desta licenza e deben tratarse baixo as condicións que establezan ao propio Movemento Veciñal e a ONG respectivamente.

Exclúese dos condicionamentos desta licenza ao Movemento Veciñal Bembrive En Pé ou otros movementos e entidades de carácter civil vinculadas con esta, que no contexto deste proxecto, en aras do ben común e coa finalidade de oposición ao proxecto de infraestructura, que poderán facer uso dos contidos propios desta páxina segundo conveñan e sen necesidade de atribución.

Privacidade

Esta web non emprega cookies de seguemento nin rexistra o uso das persoas visitantes da mesma.

Atribucións e Agradecementos

Listaxes de datos: DOG (Diario Oficial de Galicia. Xunta de Galicia)

Información parcelaria: Sede Electrónica do Catastro (Ministerio de Hacienda). Datos tomados con data 25/10/2024.

Capas base planos: Xeoportal / Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (Xunta de Galicia)

Ortofotos Base: PNOA (IGN)

Visor Mapas: Leaflet

Mapa Base OSM: © OpenStreetMap contributors